Un achegamento ao Social Media

UNHA NOVA EXPERIENCIA NAS REDES SOCIAS

De usuario a creador de contido

As miñas experiencias anteriores a este curso de community manager en canto ao uso das redes sociais e as súas ferramentas vense distorsionadas hoxe en día grazas a unha cantidade notable de información que poiden recoller e asimilar ao longo destas semanas.

A visión das redes sociais e dos perfís que se ten previo a estes coñocementos dos que estou a falar é moito máis limitada do que a maioría da xente cree. Durante anos empreguei as redes sociais día a día prácticamente sen ser consciente do bombardeo de información, e suxestión que moitos perfís ou campañas poñen en práctica para cumplir os seus obxectivos comerciales. Falo a nivel gráfico, visual, de redacción, ratios de frecuencia, medias…todo isto é un mundo novo e cheo de oportunidades para alguén que pretende sacar partido dos medios mais rentables para vender o seu produto ou proxecto.

Dende o minuto cero, no que as primeiras leccións sobre márketing xeral chegaron a min, dinme conta do valor da oportunidade que se me presentaba diante miña. Comecei logo a tomar apuntes paralelos de todo o que poidese servirme dentro do meu campo de traballo que é a música e o espectáculo, tratando de deseñar unha estratexia para guiarme neste camiño profesional que é incerto. Así pois puxen en práctica moitos dos trucos ou consellos que os mestres nos ofreceron.

O meu proxecto personal, DADGA, un grupo de música tradicional, xa levaba uns meses en Facebook, sendo administrado por todos os integrantes do grupo (nivel usuario) no que non se distinguía unha liña sólida nas publicacións. Grazas as clases impartidas poiden atopar un camiño máis interesante e eficiente para aumentar o engagement e a difusión da páxina, converténdome dende un simple xestor guiado por instinto (algo importante tamén) a un creador de contido axeitado para a plataforma, coñocendo e interpretando as gráficas e información que as redes sociais nos proporcionan en forma de ferramentas.
https://www.facebook.com/dadgafolk

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *