O mundo do Community Manager

community manager

Este é o final dun principio ou un comezo dun final, non vos sei decir. Tras dous meses do curso de Cummunity Manager rematamos para poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos. Que aprendemos? Comecemos polo principio.

As redes sociais

As redes sociais son ferramentas primordias para que as empresas e proxectos se den a coñecer nesta era dixital. Comecemos polas principais redes sociais:

  • Facebook. Esta rede social é principal xa que a maioria das persoas usan este medio para estar ao tanto do que fai a xente que os coñece e tamén para enterarse das novidades das cousas que lles gustan. Dentro de Facebook temos que ter controlado a motorización das entradas e impresións para saber cando é mellor publicar. Isto facémolo a través de Facebook Adds a cal nos permitirá tamén anunciar os nosos posts e acotalos as nosas necesidades. Temos que ter en conta o uso de imaxes, enlaces a vídeos e etiquetas o cal nos axudará a ter maior visibilidade (temas de algoritmos e cousas de “Caralibro”). Acórdadevos de non poñer todo o texto en maiusculas, por favor. Non queremos que pareza que estades gritando.
  • Instagram. Outro mundo. Esta rede social foi comprada por Facebook o cal agora poderedes unir as publicacións dunha rede coa outra. Aínda así non vos pasedes xa que ambas redes son diferentes e teñen a súa finalidade. Instagram é moito máis visual así que o contido que aportemos aquí non debe conter moito texto senón explicarse por medio de imaxes e vídeos. Tamén se poden usar etiquetas para que as persoas poidan atoparnos a través do buscador e como suxerencias. As instahistorias son outro método para sempre estar publicando dunha maneira moito máis momentánea e con todas as posibilidades que ofrece. Tamén se poden facer campañas de publicidade que van ligades a Facebook.
  • Twitter.  A rede social do momento. Contas o que pasa nese mesmo instante. Quizás a rede social máis difícil na que captar seguidores. Para isto podes facer uso de hastags e tamén seguindo a xente e empresas da misma temática que a túa. Esta rede social tamén da opción de poñer publicidade. Outra opción e usar os Trendin Topic que vaian dacordo contigo xa que a xente que chía sobre iso soe estar pendente das publicacións que se fan.
  • Linkedin. Esta ferramenta permítenos ter sempre o noso CV actualizado e ofrécenos a opción de ter como contacto a xente do noso sector profesional, facer posto sobre temas relevantes que nos den visibilidades e como non buscar traballo mediante as ofertas que as empresas poden poñer. En canto as empresas temos que falar de que se poden crear perfís e páxinas xa sexa para informar dos traballos que fan como tamén buscar empregados. Hai tamén a opción de entrar en grupos que van por temáticas e tamén ter a opción premium con moitas opcións como a de aparecer antes nas listas de ofertas de emprego ou realizar cursos.
Outras ferramentas

Por outra banda, hai outra serie de ferramentas que é necesario coñecer para ter un mellor resultado a hora de posicionar a túa empresa:

  • Web. Ter unha web visualmente atractiva e fácil de manexar e, sobre todo, tela actualizada con información e boas bases de posicionamento en SEO. Para isto hai varios plugins dentro de plataformas como wordpress.org que che axudan.
  • Google Analytics. Sirvenos para levar un control da nosa web (visitas, interaccións…), ver o noso posicionamento e tamén poder facer anuncios e publicidade. Este é un mundo quedaría para varios meses de curso.
  • Mailchimp. Esta ferramenta sírvenos para enviar correos electrónicos aos nosos subscritores ou xente de interés de maneira profesional e cun deseño atractivo. Exemplos claros do que nos pode servir esta opción son newsletter, noticias, promocións…

A creación engagement nos nosos usuarios fará que as nosas accións a hora de promocionar ou chegar a eles sexan moito máis doadas, pero para iso debemos publicar de maneira efectiva: escollendo horarios axeitados, expresando da mellor maneira, coidando as publicacións, usando imaxes e vídeos cando sexa necesario, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *