Un Community Manager e a súa odisea

As redes sociais son unha ferramenta fundamental para un xestor de contidos que desexa interactuar cos seus clientes. Non obstante, son tamén armas perigosas cando a comunicación no se efectúa segundo se pretende, o que pode dar pé a problemas de reputación.

Se ben é certo que, como Community Managers, non temos a capacidade de controlar todo o que se di da nosa páxina, si podemos prepararnos para afrontar comentarios non satisfactorios. Deste modo, poderemos respostar de forma adecuada aos problemas que poidan acontecer.

Somos un grupo de alumnos que estamos a cursar unha actividade formativa de Community Manager e contamos con máis dun cento de seguidores en Facebook e Twitter. Estamos en fase de lanzamento dunha web e xa estamos recibindo feedback positivo no que respecta ás nosas publicacións en redes sociais.

Neste intre, asáltanos unha dúbida: qué facer se un usuario sobe unha fotografía ou captura con significado negativo a algunha información publicada das nosas publicacións?. E se publica unha queixa nos nosos perfís oficiais, solicitando aos demais usuarios da páxina que compartan a información e ameazando con denunciarnos?

Como afronta un Community Manager un caso de crise en redes sociais?

Aprendendo a ser un bo Community Manager

Afrontando crises en redes sociais: casos prácticos de actuación para un Community Manager

Trátase dunha cuestión de especial relevancia para o Community Manager. A miúdo, se ten que enfrontar a situacións deste estilo mediante plans de continxencia e resolución de conflitos. Pero este caso aínda pode complicarse máis.

Poñamos por caso que descubrimos que a información que posteamos era correcta logo de corroborala con diversas fontes que a elaboraron, tendo datos que a demostran. E se, á súa vez, o usuario ten un perfil público en redes sociais no que se poden ver publicacións que reafirman que as súas queixas eran infundadas? E, en definitiva, a odisea diaria do Community Manager.

E ti, como actuarías en redes sociais? Queremos coñecer a túa resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *