Curso Community Manager

No curso sobre comezamos por aprender os conceptos básicos sobre marketing: definición do mesmo, diferenzas entre servizo e produto, consumidores, etc. Este primeiro paso é importante para establecer unha base sobre o tema principal que desenvolvimos no tronco do curso, que é máis concretamente o marketing dixital ou marketing en liña.

Conceptos chave para un Community Manager

Partindo dos inicios do marketing dixital, coñecemos as denominadas web 1.0 e web 2.0. Unha vez familiarizados con estes termos, pasamos a enumerar cales son as principais ferramentas coas que un Community Manager se vai a desenvolver no seu traballo:

  • Web / blogue: Coma este mesmo, Communityofmanagers, que estamos a empregar e co que levamos a cabo varias prácticas.
  • Buscadores: Google (principalmente, Bing, Yahoo, etc.
  • Publicidade display: Banners, principalmente.
  • Email marketing: Destacando Mailchimp como plataforma de grande utilidade.
  • Redes sociais: Como Facebook ou Twitter, coas que traballamos na clase.

Outros conceptos básicos para un Community Manager son: análise DAFO, para coñecer a fondo aquel medio co que imos traballar; e obxectivos SMART, para ter unha definición clase e concisa sobre como imos traballar, botando man tamén do método POST. Todos eles, traballados nas diferentes prácticas en web, redes sociais e traballo persoal.

Aplicacións como Community Manager

Con todos estes coñecementos contamos cunha nova visión das redes e a súa xestión. Podemos pois levar a cabo unha estricta análise do estado das redes dunha empresa ou particular, detectar aquelas cousas que non funcionan ou poidan mellorarse e establecer un plan para solventalo. Ao mesmo tempo, dispomos das ferramentas axeitadas para a creación de contidos en liña así como a súa xestión e posterior monitorización de resultados. Destacar a importancia de conseguir un estado positivo do SEO en contidos web.

En resumo, conseguimos desenvolver toda unha serie de habilidades para traballar en redes. Múltiples ferramentas de grande utilidade en diferentes plataformas que nos preparan para ser Community Manager.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *