Community Management para ¿principiantes?

Unha nova esperanza

Nos tempos que corren, os coñecementos relacionados co mundo do Social Media e do Community Management son cada vez máis cruciais. Para un xornalista coma min, este tipo de habilidades son vitais non só para aumentar as posibilidades de atopar un emprego, senón que semellan básicas á hora de optar por unha vía emprendedora e liderar diversos proxectos. Por tanto, a aparición deste curso supuxo unha oportunidade de ouro para mellorar as miñas competencias nun eido tan fundamental.

Aínda que se iniciou cunha vontade puramente amateur, o nivel do alumnado (afortunadamente) aumentou a índole dos estudos sobre os que traballaríamos ao longo das horas deste curso. No que respecta a min, nas primeiras semanas producíronse as clases das que máis partido saquei, xa que se trataron aspectos básicos de marketing e publicidade que nunca tivera a oportunidade de estudar e que son fundamentais para a miña carreira, e tamén nada desdeñables para aumentar a miña cultura xeral.

Ferramentas e análise

Cunha base tan sólida, o curso adentrabase pouco a pouco en coñecementos puramente relacionados co Marketing dixital e os de Community Management. É aquí onde desenvolverase o groso dos contidos do curso, dos que vou destacar a infinidade de ferramentas en diversos eidos que foron poñendo sobre a mesa os mestres. Diversas aplicacións que faran a miña vida moito máis sinxela á hora de manexar e customizar as miñas redes sociais e unha posíbel páxina web no futuro. Neste eido cabe destacar as diversas aplicacións gratuitas e de pago que favorecen a programación de posts nas 3 redes sociais por excelencia (Facebook, Twitter e Instagram) coma poden ser Hootsuite, SocialGest ou Buffer.

Os coñecementos de Social Media son cruciais no eido laboral actual.

Os coñecementos de Social Media son cruciais no eido laboral actual.

Outro aspecto clave nos contidos, foron tódalas clases onde puxemos en práctica os diversos sistemas e aplicacións relacionadas co análise das nosas redes e webs. Google, Twitter e Facebook Analytics. O feito de saber que existen estas fórmulas gratuítas de monitorización supón unha gran vantaxe e facilidade á hora de interpretar que é o que está a fallar nos meus contidos, ou tamén para poder afinar moito máis á hora de dirixir para quen centrar os meus contidos.

Coma valoración xeral, cursar esta formación de Community Management foi un gran acerto, xa que saco en limpo moitos bos consellos e ferramentas para xestionar as miñas redes sociais e para poder levar a cabo proxectos persoais. Moito do aprendido será fundamental no devir futuro das miñas competencias xornalísticas en especial do elemento final sobre o que quero tratar. O máis importante que aprendín foi o relacionado coa creación dunha estratexia de marketing e o análise DAFO. Este método é o máis útil para as miñas actividades, xa que é unha referencia indispensable á hora de levar a cabo calquer tarefa xornalística.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *