Recoméndase non entrar

A QUINTA DE MELQUE

Quinta de Melque dibuxo

Os teus amigos. Un fin de semana. Unha casa. A marquesa dona Julia Almazán. Unha enfermidade sinistra e incurable. Un paseo por un cemiterio á noitiña. Unha médium…

Preguntárdesvos que é isto, verdade? Pois, unha alternativa para pasar o noso día de Halloween. Realmente só os valentes e aos que lles encanta o xénero do terror animaríanse a durmir nesa casa. Que non teñades constancia de que isto existe é por que as campañas de Port Aventura para este día son realmente grandes e chega a todos os recunchos do mapa. Ademais, todo sexa exposto, esta modesta casa de campo dun pobo próximo a Toledo non se esmera moito na promoción do seu espectáculo. Que segundo contan as persoas que xa gozaron da experiencia, é realmente sorprendente e tétrica.

A Casa Encantada

Nos arredores de San Martín de Montalbán, Toledo, atópase a casa dunha marquesa. Dona Julia ten unha rara e sinistra enfermidade, a cal provoca que o fogar no que habita este en penumbra. O único lugar da propiedade que aínda conserva a luz é a habitación que os serventes che asignen unha vez chegues a este terrorífico paraxe. Non contarás con axuda de factores externos á casa, os móbiles están prohibidos, ninguén pode saber o que está a pasar alí dentro. A única persoa que poderá arroxar un pouco de luz aos enigmas e misterios que rodean á marquesa será unha médium. E a roupa que podes levar atoparase especificada na carta que che mandarán unha vez decídasche a pasar a noite na quinta de Melque.

Xa empeza a apetecer ir, verdade? Pois deixarme contarvos que dispoñen de varias tarifas distintas, con prezos especiais para grupos. Déixovos un vídeo dunha reportaxe realizada nesta peculiar casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *