Os PlayStation Classic Videos da compañía Sony

Hoxe anunciáronse os xogos que acompañaran a PlayStation Classic Mini

Falta pouco máis dun mes para que chegue o tres de Decembro, o día no que Sony sacará ao mercado a versión “classic mini” da a súa primeira PlayStation e hoxe encargáronse de facernos este mes larguísimo anunciando a lista do vinte videoxogos que traerá de serie a videoconsola:

  • Battle Arena Toshinden
  • Cool Boarders 2
  • Destruction Derby
  • Final Fantasy VII
  • Grand Theft Auto
  • Intelligent Qube
  • Jumping Flash!
  • Metal Gear Solid
  • Driller
  • Oddworld: Abe’s Oddysee
  • Rayman
  • Resident Evil Director’s Cut
  • Revelations: Persona
  • Ridge Racer Type 4
  • Super Puzzle Fighter II Turbo
  • Syphon Filter
  • Tekken 3
  • Tom Clancy’s Rainbow Six
  • Twisted Metal
  • Wild Arms

 

 

(Comercial oficial de PlayStation Europe anunciando o vinte xogos preinstalados na videoconsola)

 

E en Community of managers queremos facervos a espera máis liviá

 

En Community of managers somos demasiado bos e queremos que este mes se vos faga menos longa a espera a todos os nostálxicos da PlayStation e os novos usuarios da Classic Mini cuns cuantos vídeos da compañía gravados na nosa memoria. Xa sexa por emitir anuncios que realmente conseguen por se sós mergullarnos nunha experiencia máis extrema que unha apnea de soño, por ser pioneiros en contratar directores consagrados para que dirixan os comerciais ou simplemente polas atronadoras bandas sonoras dalgúns destes.

 

 

Corría o ano 1995 cando os mozos de Sony advertíanos de que a potencia de PsOne podería chegar a converternos en monos!

 

 

En 1999 o vídeo artista Chris Cunningham, coñecido polos seus traballos musicais para Portishead, Alphex Twin ou Madonna, encargábase de perturbarnos con Mental Wealth e a moza extraterrestre.

 

 

E para perturbador este clip de David Lynch (Corazon Salvaxe, Veludo Azul) coa escusa da estrea da PlayStation 2, é cousa nosa ou parece roubado da mismísima Cabeza borradora?

 

 

E para despedirnos un vídeo recompilatorio para todos os nostálxicos, na que cun plano secuencia vemos o paso de un  rapaz por medio das súas consolas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *