De redes sociais ao papel

Os nenos soñan con ser profesores, bombeiros, astronautas, espías, xogadores de fútbol… Algúns, quizais non moitos, soñan con ser escritores. Soñan con publicar o seu primeiro libro e que todos poidan mergullarse nas páxinas que con tanto agarimo escribiron. Velo nos andeis dalgunha libraría do seu barrio de toda a vida. O papel non pasou de moda e iso demostráronnolo as novas xeracións de escritores saídos de Twitter e Instagram.

TWITTER

Twitter foi o berce de moitos personaxes famosos da actualidade, desde o campo da literatura até a ilustración. Son os novos escritores e comunicadores dixitais. Seguro que moitos deles cando entraron en Twitter para empezar a tuitear nunca se esperaron chegar aos miles de persoas que os seguen. Quizais se falamos de nomes os relacionas mellor: La Vecina Rubia, Srt Bebi, Defreds o La Moderna de Pueblo son algúns destes nomes.

Srta Bebi relataba en Blastingnews o seu primeiro contacto con Twitter: “Creo que me rexistrei polo ano 2012. Despois pasei ese período no que non tes nin idea de como funciona e abandónalo con catro frases de Paulo Coelho postas, ata que en 2013 retomeino, e até agora”. Quizais moitos de nós sintámonos identifacámonos con este proceso: entramos en Twitter. Non o entendemos. Saímos de Twitter. Volvemos despois dun ou dous anos. Namorámonos de Twitter e pensamos en como vivimos sen el.

Actualmente, eses mozos que comezaron da mesma maneira que nós e que falaron do que eles pensaban ou ensinaban os seus traballos acabaron publicando os seus propios libros. Algúns xa repetiron e levan máis dun. Os seus fans cada vez son máis e moitos tentan facerse oco nos mundos de Twitter.

INSTAGRAM

Pero Instagram non se queda atrás. Irene X, Loreto Sesma, Marwan ou Elvira Sastre son algúns dos claros exemplos destes novos instapoetas. Utilizan as fotografías para escribir os seus textos, xa sexan na propia foto como no pé de páxina.

A poesía creceu un 4,3% no 2016 desde que estes novos poetas publicaron os seus libros xa que todos os seus fans das redes sociais tamén se fan seguidores das súas obras impresas (Fonte: El Confidencial).

Como en todo tamén está a polémica servida. Moitos profesionais do sector non apoian a lestes novos poetas xa que consideran que non é poesía o que realmente fan. Que é arte? Que é poesía? Será unha nova xeración como a Xeración do 27? Agora cada un de nós terá que investigar e chegar a unha conclusión.

Deixámosvos un artigo de Trendecias con 16 escritores que veñen das redes sociais e son famosos entre os máis novos: https://bit.ly/2Hz0R8I

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *