Cyberpunk 2077, o community manager do futuro

A compañía polaca CD Projekt RED está a desenvolver un dos proxectos máis ambiciosos da historia dos videoxogos: Cyberpunk 2077. O título promete combinar RPG e acción, nun escenario futurista que semella ser un dos máis vivos e diversos xamais creados. O estudo desenvolvedor do aclamado The Witcher 3: Wild Hunt presentou un adianto do videoxogo no pasado E3 2018, o cal creou unha enorme expectación e tivo unha cálida acollida por parte do público.

Cando sairá ao mercado?

Non hai unha data de lanzamento determinada, mais prevese que o vindeiro ano 2019 sexa o ano de saída. Así e todo, a estratexia de marketing dixital non se fixo esperar e xa está a revolucionar as redes, especialmente coa súa conta en Twitter. Tras a súa presentación na feira E3 2018, irrompeu nesta rede social un perfil que respondía ao nome do videoxogo. Dita conta fora creada hai cinco anos, os mesmos que leva o título en fase de desenvolvemento, pero non fixera máis que unha única publicación en todo ese tempo, a cal data de principios deste ano:

O community manager definitivo

A partir deste pasado verán o perfil comezou a súa actividade, espertando a curiosidade de xogadores de todo o mundo. O motivo? ademais do bo humor, semellaba contestar en todos os idiomas. Dada a posibilidade de que usasen un sinxelo tradutor como ferramenta, os usuarios decidiron poñelo a proba:

Coñecerá o galego, esa lingua tan esquecida nas redes ás veces por parte das empresas?


De acordo, pero de seguro que non coñece estes termos canarios e murcianos…


Se cadra no idioma de Chiquito…


Sexa como for, dende Cyberpunk 2077 parecen ter resposta para todo. A empresa polaca CD Projekt RED deu coa chave para chamar a atención nas redes e conseguir a simpatía de moitos usuarios. E vós, xa puxestes a proba a esta conta?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *