Whatsapp e a influencia das ‘fake news’ nas eleccións brasileiras

O pasado 28 de outubro celebrouse a segunda volta das eleccións presidenciais de Brasil, onde logrou a victoria o ultradereitista Jair Bolsonaro. Este foi o punto culminante dunha campaña electoral chea de sucesos rocambolescos, na que quedou novamente de manifesto a importancia do control das diferentes redes sociais e a distribución das ‘fake news’ para poderen influír na sociedade, entre elas destaca o novo papel de Whatsapp.

Whastapp coma alternativa

Coa mirada posta no escándalo da inxerencia rusa coa propagación das ‘fake news’ durante as eleccións presidenciais ós EE.UU., as redes sociais coma Facebook e Twitter ficaron no obxetivo principal dos creadores deste tipo de contidos tóxicos. Sen embargo, estas plataformas, tomaron medidas para atallar os danos e realizar procesos de verificación máis estrictos. O que parecía un cortalumes perfecto para evitar a propagación de informacións falsas e alinear á sociedade brasileira, toronouse nunha viraxe deste tipo de organizacións, que enfocaron os seus obxectivos cara unha rede social todavía non contaminada, Whatsapp.

A distribución de 'fake news' clave na elección de Bolsonaro (Vía: ElPaís.com).

Whastapp e as ‘fakes news’ auparon a Bolsonaro á presidencia (Vía: ElPaís.com)

O fenómeno das ‘fake news’ sobrevive na plataforma de mensaxería instantánea, erixíndose coma o gran laboratorio da desinformación con fines electorais. No Brasil, Whatsapp funciona coma unha rede social dun xeito máis potente que noutros países, por exemplo España, posto que moitas compañías telefónicas a ofrecen ós clientes mesmo se non teñen tarifa de internet. Ademais da maior dificultade para a verificación das informacións, as prestacións audiovisuais que permiten os smartphones son claves á hora de analizar este fenómeno. A proliferación de ‘memes’ e contidos audiovisual fronte ós tediosos textos, supón un foco de atracción maior para difundir as ‘fake news’ na plataforma.

As primeiras medidas

Son multitude os tipos de mensaexes, vídeos e fotos que, a través de Whatsapp, foron sacados de contexto. Un estudio amosa que de 100.000 imaxes compartidas por esta plataforma, case 0 50% contiñan información enganosa ou completamente falsa. Para frear isto, a xustiza brasileira abrirá unha investigación sobre as denuncias que afirman que empresarios haberían pagado ata 12 millóns de reais polos servizos de márketing dixital para distribuir masivamente ‘fakes news’ a través de Whastapp para o beneficio político do gañador das eleccións, Jair Bolsonaro. Por outra parte, Whatsapp afirma que tomará cartas no asunto, controlando as novas cun mellor sistema de verificación e borrando ata 100.000 perfís na plataforma.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *